Home Pontevedra O PP critica a negativa da Deputación a ampliar os GES da...

O PP critica a negativa da Deputación a ampliar os GES da provincia e actualizar os soldos

- Anuncio -
  • Cubela recorda que é un servizo de competencia local, dos concellos e das deputacións, no que o Goberno galego inviste 6,3 millóns de euros anuais.
  • Sobre o subGES do Grove, “se ao Goberno provincial lle resulta insuficiente, ten a posibilidade de cumprir coas súas competencias e destinar máis fondos”.

O Partido Popular critica o rexeitamento da Deputación de Pontevedra á proposta que plantexou a Xunta respecto á mellora dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), que pasaba por ampliar o número de compoñentes a doce e actualizar os seus soldos. O voceiro Jorge Cubela recorda que “este é un servizo de competencia exclusivamente local, é dicir, que ten que ser financiado por concellos e deputacións, e a pesar diso o Goberno galego está colaborando co seu financiamento e con esta proposta investirá ao ano 6,3 millóns de euros”. Por iso, pide ao Goberno provincial “que deixe de confrontar e dar escusas e ofreza solucións, que é o que queren os cidadáns”.

Por iso, Cubela lamenta “a actitude de confrontación e falta de colaboración” do Goberno socialista da Deputación, “que volve a antepoñer os seus intereses partidistas aos dos concellos desta provincia”. Por iso, subliña que “é momento de que a Deputación asuma as súas competencias en materia de emerxencias e de apoio aos pequenos e medianos concellos… Sempre falan doutras administracións, pero se esquecen de que non está cumprindo con moitas das competencias desta institución”.  

SUBGES O GROVE

Con respecto ao subGES do Grove, Cubela recorda que “é o único concello da provincia que, a pesar de que está cuberto por outros dous servizos de emerxencias nas isocronas de 10 e 20 minutos respectivamente, ten un grupo de emerxencias, que se xustifica polo feito de que xa contaba cun servizo municipal e que é importante para dar resposta ao incremento significativo de poboación durante os meses de verán.

Con todo, sinala o popular, dado que a competencia de emerxencias é dos concellos e da Deputación, “si consideran que é un servizo insuficiente, o Goberno de Carmela Silva ten a posibilidade de destinar máis fondos provinciais”. Así, recorda que coa proposta do Goberno galego, a Xunta duplicará en 2022 os recursos que destinou este ano para O Grove, e que supoñen un 13% máis do que aporta a Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas