Home Pontevedra Barro O PP reúnese cos veciños de Barro, que reclaman solucións ante “o...

O PP reúnese cos veciños de Barro, que reclaman solucións ante “o descalabro e inseguridade” nas obras da Praza de San Amaro

- Anuncio -

• Esixen ao Concello e á Deputación que “reaccionen xa” e poñan solución a unha situación que provoca, entre outras cuestións, que os escolares teñan que desprazarse preto dun quilómetro ata a parada do autobús.


• Deputados e concelleiros populares asistirán á concentración que os veciños convocan este sábado.

Concelleiros e deputados provinciais do Partido Popular reuníronse onte pola noite no local da Comunidade de Montes da Portela con preto dun centenar de veciños de todas as parroquias de Barro, que coincidiron ao denunciar o abandono, o descontrol e a desorganización do Goberno municipal. O último exemplo é o das obras da Praza de San Amaro, onde os veciños reclaman solucións urxentes á Deputación de Pontevedra e ao Concello de Barro ante os prexuízos importantes que están provocando. De feito, anuncian unha concentración este sábado na praza, ás 12.00 horas, para protestar por esta situación e esixir unha reacción inmediata, concentración á que os populares xa confirmaron a súa asistencia.

O voceiro do grupo municipal José Antonio Landín subliña que “queremos melloras para o noso concello, pero que se leven de forma organizada e causando as mínimas molestias”. Así, durante o encontro, os veciños denunciaron que “esta é a tónica xeral deste mandato, onde ninguén controla nin supervisa as obras. Hai unha desorganización absoluta e o alcalde, que é o segundo que máis cobra de toda a comarca, non fai absolutamente nada. Quere que pase o mes para recibir o soldo sen facer nada”.

Nesta liña, denuncian que na Praza de San Amaro as obras non están sinalizadas, hai restricións de tráfico, non poden acceder ás súas vivendas, hai terra acumulada, vallas tiradas… Por iso urxen que se creen tramos para garantir o acceso dos residentes, que se sinalicen as obras para evitar que os condutores que chegan desde Curro se atopen de fronte con esta situación e que, o máis importante, ofrezan unha solución segura para os escolares que teñen que coller o autobús “a un quilómetro da parada, con escasa iluminación e por unha estrada na que non hai beiravías”.

O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, que asistiu á reunión xunto aos tamén deputados provinciais Paz Lago e Alejandro Lorenzo, e do coordinador comarcal do PP, Alberto Acuña, dixo que “aínda que as obras sempre ocasionan algún malestar, o que non é normal é o descalabro que se está producindo nesta obra”, e cuestiona que o alcalde “estea desaparecido, non dea a cara cos veciños e, o máis importante, non dea traslado dos problemas que están xurdindo, porque é a súa obriga”. Nesta liña, os populares lamentaron que os únicos que “se están movendo, escoitando aos veciños e intentando buscar solucións” son os concelleiros e deputados do PP. Así, Cubela recorda que os deputados reclamaron na institución provincial que o Goberno da Deputación se reunise cos veciños de San Amaro para escoitar as súas reclamacións con outros “parches” que se fixeron na estrada provincial, “pero desde a Deputación nin lles gustan as queixas nin lles gusta que ninguén cuestione os seus proxectos, e por iso, porque non baixan aos concellos para falar cos veciños, ao final veñen estes problemas”.

Pola súa parte, o concelleiro José Suárez explicou que desde o grupo municipal xa se puxeron en contacto coa Consellería de Educación para intentar buscar unha alternativa para os escolares, “e recibimos con sorpresa que nin desde o Concello de Barro nin desde a Deputación de Pontevedra pediron ningún tipo de permiso ou autorización para modificar as paradas do transporte escolar”. Neste senso, critica que “o alcalde de Barro estea totalmente desaparecido. Os únicos que estamos dando a cara somos nós, e traballando para buscar solucións”. De feito, tras as súas conversas con Educación xa se modificou algunha das paradas de xeito provisional, porque obriga aos nenos a adiantar a súa recollida media hora. “A solución pasa porque Concello e Deputación se comprometan a facer unha boa planificación e previsión das obras”, conclúe.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas