A Copa Deputación de Balonmán alcanza a súa 43 edición, que disputarán seis clubs esta fin de semana en Expourense

Redacción

Esta competición referenda un dos grandes sinais de identidade do deporte provincial, as Copas Deputación, que reúnen a preto de 20.000 deportistas nas máis diversas modalidades, consolidándose como un dos proxectos deportivos máis amplos e participativos de toda Galicia

O Pazo Provincial acolleu esta tarde a presentación da XLIII Copa Deputación de Ourense de balonmán, que reunirá esta fin de semana en Expourense aos seis clubs que representan actualmente esta modalidade na provincia.

Diego Enrique Álvarez, en representación da Área de Deportes da Deputación; Manuel Pérez, xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; e Bruno López, presidente da comisión xestora da Federación Galega de Balonmán, presentaron os detalles dunha competición ante unha representación dos presidentes dos clubs participantes e os representantes da Federación Galega de Balonmán.

Esta nova edición da Copa Deputación, desta volta co balonmán, referenda un dos grandes sinais de identidade do deporte provincial, que reúne en torno a este trofeo un conxunto de competicións que reflicten a vitalidade, a diversidade e o dinamismo do deporte ourensán, coa participación de preto de 20.000 deportistas nas máis diversas modalidades, consolidándose como un dos proxectos deportivos máis amplos e participativos de toda Galicia.

Os participantes son: Club Balonmán Miño, Club Balonmán Milenio Ourense, Escola Balonmán Ribadavia, Club Deportivo Cultural Ribeiro, Asociación Deportiva Balonmán Carballiño e Club Balonmán Cidade das Burgas, que iniciarán a competición mañá venres y finalizará o sábado, día 30.

Comparte este artigo