A Deputación asiste á toma de posesión do Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Redacción

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, asistiu este venres á toma de posesión de José Antonio Álvarez como Presidente da Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao, un acto que tivo lugar na Sala Curuxeiras de Ferrol. Neste acto, ao que tamén asistiu o Subdelegado do Goberno da Coruña, Julio Abalde Alonso, entre outras autoridades; o Deputado Provincial recordou o importante papel que desempeña a Autoridade Portuaria para a provincia de Lugo a través do porto de San Cibrao. Nese sentido, recalcou que “se trata dunha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento económico da Mariña e de todo o conxunto do territorio, fundamental para a actividade industrial, loxística e a creación de emprego”.

Comparte este artigo