A Deputación asiste ao espectáculo da Asemblea Galaecia e da Declaración de Guerra do Arde Lucus

Redacción

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, asistiu este venres na Praza de Santa María ao espectáculo da Asemblea Galaecia e da Declaración de Guerra, un dos actos centrais do Arde Lucus nestes días de celebración. Miguel Fernández destacou a relevancia desta recreación histórica, “que representa a rebelión dos pobos galaicos fronte ao Imperio Romano”, e felicitou ás asociacións e clans castrexos que fan posible a súa celebración, entre os que se atopan Tir Na N’Og, Lvgdvnvm, Mercenarios Galaicos, Clan de Breogán, Terra Copora, Civitas Lvcensis, Lvcvs Icenas Miliatore e Trebas Galaicas.

A Deputación de Lugo é a principal administración colaboradora desta festa romano-castrexa, cunha achega de 50.000 euros co obxectivo de reforzar a proxección e a calidade dunha das citas culturais e turísticas máis importantes da capital lucense.

Comparte este artigo