HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destina 80.000 € para que 18 entidades da provincia impulsen...

A Deputación destina 80.000 € para que 18 entidades da provincia impulsen actividades de carácter turístico

- Anuncio -spot_img

O organismo destinará entre 2.200 e 5.500 euros a cada entidade para “seguir avanzando, da man do sector, e que está provincia continúe a ser o grande referente turístico do noroeste peninsular”, asegurou o presidente

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva e por valor de 80.000 euros, para que 18 entidades da provincia impulsen actividades de carácter turístico. Estas axudas, impulsadas polo servizo de Turismo que desde este mesmo mércores dirixe o deputado provincial e alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña, repartirán entre 2.200 e 5.500 euros por entidade.

“Seguimos avanzando, da man do sector, para que esta provincia continúe a ser o grande referente turístico do noroeste peninsular”, asegurou o presidente da Deputación Luis López quen recordou que as entidades beneficiarias das axudas pertencen a 15 concellos da provincia: Baiona, Bueu, Cambados, A Estrada, O Grove, Lalín, Meis, Mondariz-Balneario, Mos, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Cos recursos provinciais, informou o presidente, poderanse poñer en marcha xornadas e simposios sobre turismo, plans de desestacionalización, festas conmemorativas e gastronómicas, actividades de Nadal, iniciativas de turismo astronómico e enoturismo, rutas e, entre outras moitas iniciativas, actividades de promoción turística.

Publicacións Relacionadas