O distintivo Compromiso de Calidade Turística do Sistema Integral do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) acredita o esforzo e compromiso das empresas coa mellora continua na atención ás persoas visitantes
A provincia de Pontevedra é o destino do Sistema Integral de Calidade Turística Española con máis distintivos a nivel nacional
A Deputación de Pontevedra acaba de comezar a formación en materia de calidade para impulsar que máis empresas da provincia acaden o distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED). O distintivo, denominado Compromiso de Calidade Turística, acredita o esforzo e compromiso das empresas coa mellora continua na atención ás persoas visitantes.
Na formación están a participar unha vintena de empresas da provincia que forman parte do primeiro ciclo do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) e nela recibirán información relativa ás boas prácticas en materia de calidade turística. Neste primeiro ciclo, ademais de recibir formación, as empresas comezarán a aplicar o manual de boas prácticas correspondente a cada subsector de actividade, como pode ser, aloxamentos, restauración, museos ou, entre outros moitos, oficinas de turismo. Tamén participarán en talleres de mellora e sesións de asesoramento individual e someteranse a unha avaliación externa que validará se cumpren cos requisitos mínimos de calidade establecidos. De ser así, as empresas conseguirán o distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).
Nestes momentos, a provincia de Pontevedra conta con 326 empresas acreditadas co Compromiso de Calidade Turística, o que a converte no destino do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos con máis distintivos a nivel nacional.



