Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva o circuíto +Escénicas ata Cuntis coa obra teatral “Henriko...

A Deputación leva o circuíto +Escénicas ata Cuntis coa obra teatral “Henriko o feiticeiro” de Simplemente Enricco

- Anuncio -

A peza, para todos os públicos, poderá verse este xoves 31 de outubro ás 19.00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído “Patelas”

+Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025

A Deputación de Pontevedra leva +Escénicas ata Cuntis coa obra teatral “Henriko o feiticeiro” a cargo da compañía Simplemente Enricco. A peza, para todos os públicos, poderá verse no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído “Patelas” este xoves 31 de outubro ás 19:00 horas. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

“Henriko o feiticeiro” é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, que sente que realiza trucos incribles que mesmo superan o entendemento humano. Pero, en realidade, é unha fraude de mago, ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, continúa co seu espectáculo como se todo estivese a saír segundo o planeado. Sen embargo, sen explicación e para sorpresa do público e do propio Henriko, todo cambia e comezan a acontecer cousas inexplicables.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao seu abeiro a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais...

0
A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano...

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

0
O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de...

O Concello de Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”

0
O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contaconto, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

O BNG rexeita que Jorge Cubela suba a taxa do lixo de 45 a...

0
Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de...

Publicacións Relacionadas