Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ofrece aos concellos da provincia “Tinta do mar: pequena biografía...

A Deputación ofrece aos concellos da provincia “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta”, un contacontos para festexar as Letras Galegas

- Anuncio -

Os concellos interesados en beneficiarse dalgunha das 35 sesións desta actividade, que será de balde, deberán presentar unha instancia a través da Sede electrónica no Rexistro da Deputación a partir das 8:00 horas do vindeiro luns, 13 de maio

A actividade, realizada por Polo Correo do Vento, alternará narración, ilustración e música. Pecharse cun coloquio adaptado á rapazada e un obradoiro para que os participantes realicen unha caricatura de Villalta

A Deputación ofrece aos concellos da provincia “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta”, un contacontos dinámico e participativo para festexar as Letras Galegas e divulgar a traxectoria da autora homenaxeada neste 2024. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de remitir unha carta aos 61 concellos da provincia para ofrecer 35 sesións desta actividade, que será totalmente de balde para os municipios. Os concellos interesados nalgunha das sesións deberán presentar unha instancia a través da Sede electrónica no Rexistro da Deputación a partir das 8:00 horas do vindeiro luns, 13 de maio.

A actividade, realizada por Polo Correo do Vento, consistirá na narración da vida de Luísa Villalta e na creación dunha ilustración da autora. Ademais, abrangue a interpretación de distintas pezas musicais e pecharase cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante. Completarase a sesión cun obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura de Villalta.

A partir do 8:00 horas do luns os concellos poderán solicitar algunha das 35 actividades a través dunha instancia na que deberán indicar o interese en acoller a actividade e tamén tres posibles datas de realización, en semanas diferentes, entre o 15 de maio e o 31 de xullo. Se a primeira opción quedase descartada, pasarase á segunda, e así sucesivamente. En caso de que as tres datas escollidas non estivesen dispoñibles, consensuaranse outras novas co concello.

Pola súa banda, aqueles concellos que presenten a solicitude con anterioridade á data e hora de apertura do prazo de inscrición, quedarán automaticamente excluídos. Ademais, se houbese máis de 35 solicitudes, abrirase unha lista de agarda á que se acudirá no caso de renuncia dalgún concello adxudicatario.

A Real Academia Galega (RAG) dedícalle o Día das Letra Galegas 2024 á escritora, filóloga e violinista galega Luísa Villalta. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigos xornalísticos e traducións, e a RAG destaca dela que foi “creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90”.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas