A vicepresidenta Luisa Sánchez reúnese con responsables da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Coruxo e do Centro Veciñal e Cultural de Valadares

adminON
Lectura mínima de 1

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse na sede da institución provincial en Vigo con responsables da  Asociación de Xubilados e Pensionistas de Coruxo e do Centro Veciñal e Cultural de Valadares no marco da ronda de contactos que está a establecer con diferentes colectivos da cidade. Na xuntanza, na que a vicepresidenta provincial aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido por ámbalas dúas entidades para dinamizar tanto Coruxo como Valadares, analizáronse vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas en beneficio da cidadanía de Vigo.

Comparte este artigo