Home Pontevedra A Paradanta Co Plan ReacPon da Deputación Crecente poderá recuperar o espazo público para...

Co Plan ReacPon da Deputación Crecente poderá recuperar o espazo público para as persoas na praza Ana Pastor

- Anuncio -

O alcalde, Julio César García-Luengo, agradeceu o apoio dos plans extraordinarios da institución provincial “moi positivos para concellos pequenos como Crecente. Grazas a eles podemos impulsar actuacións e servizos para asentar poboación”

O convenio para o proxecto, asinado coa presidenta Carmela Silva, conta cun orzamento de máis de 409.000 € dos que a Deputación achega cerca de 360.000

“Os plans extraordinarios da Deputación de Pontevedra son moi positivos para concellos pequenos como Crecente. Grazas a eles podemos impulsar actuacións e servizos para asentar poboación”, asegurou o alcalde Julio César García-Luengo na sinatura do convenio coa presidenta Carmela Silva para a recuperación do espazo público para as persoas na praza Ana Pastor e a súa contorna, entre a Igrexa de San Pedro e a estrada de acceso ao núcleo de Crecente. Esta actuación, que apostará pola ampliación do espazo peonil a través da creación dunha plataforma única e da eliminación do tráfico rodado, así como pola eficiencia enerxética, será posible a través dun investimento de 409.008,14 € dos cales a Deputación achega 359.770,45 € no marco do plan ReacPon.

A presidenta Carmela Silva amosou a súa satisfacción ao coñecer que os recursos da Deputación van permitir a Crecente “facer unha grande obra, recuperar un espazo máis para as persoas”. “A transformación vai ser total –subliñou-, vai converter a un lugar precioso e con moito patrimonio nun espazo máis desexable e atractivo, máis amable, o que servirá para atraer xente, dinamizando a súa economía, creando emprego e futuro”. Amais, a presidenta aproveitou para asegurar que “non será posible facer transformación en dixitalización, en transición ecolóxica, en cohesión social e territorial se os concellos non teñen a capacidade de poder xestionar recursos” e instou a “darlle unha volta ao modelo para ter en conta ao mundo local, para que os concellos teñan máis capacidade e recursos para facer fronte a grandes proxectos”. Así, fixo un chamamento ás outras administracións (Europa, o goberno do Estado e Xunta de Galicia) para que “tomen nota. O mundo local é o que mellor coñece a contorna, o que está a demostrar máis capacidade para desenvolver grandes proxectos e, ademais, son grandes xestores xa que son capaces, con poucos recursos materiais, económicos e humanos, de executar en prazo mentres outras administracións devolven recursos”.

Tamén recordou Carmela Silva que “os recursos do Plan Concellos permiten aos municipios facer fronte aos gastos ordinarios, pero é necesario financiamento extraordinario como o ReacPon ou outros plans extraordinarios que aprobamos anteriormente como os DepoRemse ou Reequilibrio”. E destacou que Crecente recibiu 450.000 € do DepoRemse para a conexión peonil e mellora da seguridade na contorna da residencia de maiores, centro de saúde, colexio e escola infantil, e preto de 370.500 do plan de Reequilibrio para a mellora do pavillón.

Pola súa banda o alcalde, Julio César García-Luengo, agradeceu o apoio e recursos dos plans da Deputación de Pontevedra “que tanto nos favorecen xa que temos cada vez menos habitantes e se queremos que se asenten precisamos que teñan servizos”. Cualificou como “moi positivos” os plans extraordinarios grazas aos que “podemos impulsar actuacións e servizos para fixar poboación”. Sobre os recursos concretos do plan ReacPon enxalzou que permitirá “recuperar un espazo público privilexiado para as persoas, nunha contorna que hai que aproveitar e que con esta obra vai mellorar en calidade”.

O proxecto
O proxecto suporá remodelar un espazo que, na actualidade, ten un pavimento deteriorado e desgastado, non conta con vexetación e o mobiliario urbano está situado de forma dispersa. A través da actuación vaise recuperar o espazo para as persoas creando unha plataforma única, eliminado o tráfico rodado e configurando unha zona restrinxida a residentes que permitirá ampliar o espazo peonil ata un 50%. Amais dotarase á contorna de espazos acolledores nos que poder sentarse, descansar ou desfrutar da contorna, potenciarase e protexerase o cruceiro con zonas de estar ao seu redor, instalaranse elementos de xardinería e espazos verdes e substituiranse as luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED. Todo elo apostando por contribuír a unha economía descarbonizada, mediante a eliminación de CO2 e a mellora da eficiencia enerxética, e por aliñarse cos obxectivos da Axenda 2030 e do Plan de Resiliencia.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas