Home Vigo O Porriño A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas Gándaras de Budiño

- Anuncio -

• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto

• O proceso de inscrición está xa aberto na páxina web de Xuventude: www.xuventude.xunta.es

• Farán labores de voluntariado polas mañás con accións encamiñadas á retirada de especies invasoras e ao coidado das especies autóctonas, así como á renovación da sinaléctica para promocionar a ruta que percorre o espazo

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia presentou a Campaña de Verán 2024 “O teu mellor verán”, coa incorporación este ano do Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”. Este proxecto é promovido polo Concello do Porriño a través da súa Concellería de Voluntariado (en colaboración coas de Cultura, Educación e Deportes) e a OMIX, e busca salientar a biodiversidade e o gran valor medioambiental das Gándaras de Budiño na comarca e en toda Galicia.

A Campaña de Verán 2024 ofrece diferentes actividades á mocidade de entre 9 e 30 anos, con máis de 11.500 prazas para campamentos en Galicia e noutras comunidades, minicampamentos “Coñece Galicia”, campos de voluntariado, oferta para entidades ou grupos xuvenís e novo programa para maiores de 18 anos.

O Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño” conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos, das cales 5 están reservadas para extranxeiros, e as 15 restantes para mozos/as de outras comunidades autónomas e do Porriño. Esta actividade terá lugar entre o 23 de xullo e o 3 de agosto.

Os participantes convivirán nas instalacións do CEIP Antonio Palacios durante eses 12 días, e farán labores de voluntariado polas mañás con accións encamiñadas á retirada de especies invasoras e ao coidado das especies autóctonas, así como á renovación da sinaléctica para promocionar a ruta que percorre o espazo. Polas tardes poderán disfrutar de diferentes actividades de lecer educativo e dinámicas de equipo organizadas pola cooperativa Avada (@avada.gal), como visitas a lugares emblemáticos do municipio e localidades cercanas, andainas, observación astronómica, noite de cine e distintos xogos, entre outras.

O concelleiro de Voluntariado, Antonio Barros, anima á mocidade a participar nesta “experiencia única para coñecer a nosa contorna e a importancia de cuidar o noso espazo natural, á vez que conviven con outros/as mozos/as procedentes doutras Comunidades Autónomas e países”.

O proceso de inscrición está xa aberto na páxina web de Xuventude: www.xuventude.xunta.es e a inscrición ten un custe de 110,00 € (82,50 € no caso de ter Carné Xove).

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas