Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que...

Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que agochan os libros” nun contacontos organizado pola Deputación para celebrar o Día do Libro

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, amosa o apoio do goberno provincial á cultura e ao sector da literatura nun acto que contou co espectáculo do ilustrador Marc Taeger e o narrador Caxoto no Pazo provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, animou aos escolares do colexio Froébel de Pontevedra a descubrir “os segredos que agochan os contos” nunha actividade de contacontos organizado no Pazo provincial para celebrar, este 23 de abril, o Día do Libro. O mandatario provincial e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, presentaron aos preto de vinte alumnos a alumnas de primeiro ciclo de Primaria deste centro pontevedrés dous dos seus contos favoritos antes de dar paso ao espectáculo do contacontos Caxoto e o ilustrador Marc Taeger. “Cando sexades maiores ídesvos lembrar sempre do primeiro libro que lestes, así que anímovos a que leades moito”, díxolles Luis López aos escolares.

A Deputación de Pontevedra vestiu o vestíbulo do Pazo provincial para a celebración do Día do Libro con estantes cheos de libros, contos e ilustracións infantís, así como coxíns no chan onde sentaron os nenos para desfrutar do espectáculo de Caxoto y Taeger, que interpretaron a dous simpáticos pintores que encheron de risas e cor a sede da Deputación. Un acto que serviu para poñer en valor a importancia das librarías da provincia como eses “espazos tan bonitos cheos de historias e aventuras”, definiu o deputado Cubela. Ademais a Deputación complementa este acto coa posta a disposición da cidadanía da provincia dun espazo na páxina web do organismo provincial cos mellores libros infantís que recomendan as editoriais de Galicia, así como unha actividade titulada “Crea o teu primeiro libro” para que os máis pequenos da casa xoguen a ser escritores e a escribir as súas primeiras historias.

Ademais, a xornada rematou cunha lectura conxunta dunhas pasaxes dos libros favoritos do alumnado. Unha proposta na que tamén participou o presidente López, que recomendou dous libros moi especiais elixidos polos seus fillos: “Adivina cuánto te quiero” e “Fiz, o coleccionista de medos”. Tamén o deputado Cubela realizou a súa achega animando a ler “A Galiña Azul”, de Carlos Casares.

“A Deputación é a casa de todos os pontevedreses e pontevedresas, pero tamén é a casa dos libros”, concluíu Luis López para explicar á cativada para que serve a Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas