Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia que a Deputación pon esta fin de semana a...

Luis López anuncia que a Deputación pon esta fin de semana a funcionar o programa Lecer en Familia, con preto de 80 participantes de 11 concellos da provincia

- Anuncio -

As primeiras estancias do programa provincial comezarán hoxe e terán lugar no Gran Talaso Hotel de Sanxenxo e no Benestar Moaña

López: “Vivimos nunha provincia extraordinaria, da que desfrutar ao longo de todo o ano. E nada mellor que facelo en familia, sobre todo a través de programas como este”

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta fin de semana o programa de benestar Lecer Familia, coas primeiras estadías de preto de 80 persoas de 11 concellos en establecementos hoteleiros da familia. Un programa, posta en marcha por vez primeira este ano, que busca reforzar lazos familiares nun ambiente de convivencia. “Vivimos nunha provincia extraordinaria, da que desfrutar ao longo de todo o ano. E nada mellor que facelo en familia, sobre todo a través de programas como este”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

En concreto, estas primeiras 80 persoas, que proveñen dos concellos de Caldas de Reis, Moaña, Nigrán, O Grove, Ponte Caldelas, Pontevedra, Ribadumia, Salceda, Tui, Vigo e Vilanova, e poderán desfrutar en familia dunha noite en réxime de media pensión con actividades socioculturais incluídas no Gran Talaso Hotel de Sanxenxo (63 persoas) e no Benestar Moaña (15). En total e ata o vindeiro mes de marzo serán preto de 3.000 as persoas que desfruten deste programa en 12 establecementos de sete concellos da provincia (Sanxenxo, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Lalín, Baiona e Moaña).

Lecer en Familia busca reforzar os lazos familiares nun ambiente de convivencia en establecementos entre os que se inclúen spas, balneario, talasos e hoteis tanto de zonas rurais como urbanas. Neles, mellórase a estadía coa oferta de actividades socioculturais (cunha ampla variedade a escoller asociada a cada establecemento) ou o acceso aos seus circuítos termais. Ademais de potenciar a calidade de vida as familias, o programa tamén busca potenciar o sector turístico da provincia de Pontevedra.

Das preto de 3.000 prazas, 50 correspóndense cun réxime especial e son subvencionadas ao 100%. As de réxime xeral están subvencionadas con 60 € para maiores de 12 anos, 30 € para nenos de 3 a 12 anos, e ao 100% para menores de 3 anos. As estadías realizaranse en temporada baixa, con estancias dunha noite en fins de semana, períodos non lectivos ou vésperas de festivo.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas