Esta tarde celebrouse o pleno para a aprobación do orzamentos anuais e modificación da Relación de Postos de Traballo. Dende o BNG promovemos solucións as profundísimas eivas da área de urbanismo, e apoiamos melloras nas de servizos sociais e contratación. Isto consistía na creación de tres prazas para optimizar a resposta da Administración local ás necesidades da veciñanza: un arquitecto, un traballador social, e un técnico na Administración xeral.
Desgrazadamente, de novo o concelleiro José Ramón Abal e o Partido Popular volveron a aliarse contra os intereses da nosa vila, boicoteando as melloras urxentes que necesitan as áreas mencionadas. Como consecuencia:
- As licenzas urbanísticas seguirán retrasándose indefinidamente.
- Servizos Sociais seguirá sen poder atender a tempo todas as demandas.
- As obras e contratos públicos non poderán tramitarse coa axilidade necesaria.
A pinza entre José Ramón Abal e o Partido Popular para boicotear o Goberno municipal volve a deixar a Cambados nunha situación de parálise; Cambados non merece o desleixo, a suciedade, o retraso inaceptable na concesión de licenzas urbanísticas, e a desatención xeral dos servizos públicos básicos que provoca esta alianza.

