HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López participa en Madrid na sesión do Consello de Goberno da...

Luis López participa en Madrid na sesión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables da FEMP

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar en Madrid na reunión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades Saudables, organismo dependente da FEMP e do que Luis López é vicepresidente segundo. A sesión, entre outros asuntos ordinarios, serviu para aprobar o convenio para o ano 2025 entre o Ministerio de Sanidad e a FEMP para a potenciación da Rede Española de Cidades Saudables, así como o acordo marco de colaboración da FEMP coa Fundación Española do Corazón. Así mesmo, aprobouse a convocatoria de axudas da RECS e informouse sobre diversas actividades derivadas do convenio coa Asociación Española contra o Cancro ou a quinta edición dos premios de calidade da RECS.

Publicacións Relacionadas