Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor define o Centro de Loita contra o Lume de Toén...

Luis Menor define o Centro de Loita contra o Lume de Toén co o mellor exemplo dos “investimentos e apostas estratéxicas que necesita a provincia”

- Anuncio -

O presidente da Deputación incidiu en que este proxecto vai ser toda unha referencia en Galicia, España e no mundo no seu ámbito, pero tamén a demostración de como se poden recuperar unhas antigas instalacións abandonadas “que pasan de ser un problema para converterse nun emblema”

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na inauguración do edificio administrativo e de formación do novo Centro Integral de Loita contra o Lume, situado nas instalacións do que fora o antigo hospital de Toén. Un acto que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Medio Rural, José González; o alcalde de Toén, Ricardo González; o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, alcaldes da provincia e veciños de Toén.

Na súa intervención, Luis Menor destacou que este era un día moi importante para Galicia, pero tamén para a provincia de Ourense, ademais de ser unha data sinalada para o servizo contra incendios de Galicia, que naceu a principios dos anos noventa como resposta a esta lacra dos lumes forestais.

“Hoxe –apuntou- damos un novo salto poñendo en marcha un proxecto que non ten similitude en España, tampouco en Europa e seguramente que escasos exemplos no mundo, e facémolo en Ourense como provincia máis castigada polos incendios”.

Incidiu Luis Menor en que este novo Centro Integral de Loita contra o Lume vai ser toda unha referencia no seu ámbito, pero tamén a demostración de como se poden recuperar unhas antigas instalacións abandonadas “que pasan de ser un problema para converterse nun emblema”.

Como presidente da Deputación, comprometeu a implicación directa co este proxecto, desvelando que “hoxe mesmo empezamos a falar xa de formación para os nosos traballadores”. A provincia de Ourense, engadiu, necesita investimentos e apostas estratéxicas “que teñen neste centro a súa mellor representación”, polo que agradeceu a aposta da Xunta de Galicia “polo noso territorio para situar este centro”, a iniciativa do conselleiro de Medio Rural para a súa execución e ao alcalde de Toén por contribuír a que se fixera realidade.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Luis López entregará este xoves o premio á mellor iniciativa empresarial de SmartPeme nunha...

0
A iniciativa premiada será escollida en directo durante a propia gala, na que os asistentes votarán a través dos seus dispositivos móbiles entre o...

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias achegan este venres os exoplanetas...

0
O instituto de Vilagarcía acollerá a segunda conferencia do programa dirixida a centros educativos na que a catedrática de Astrofísica Minia Manteiga impartirá a...

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Publicacións Relacionadas