HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez aplaude a “autenticidade” do cine “menos convencional” durante a inauguración...

Luisa Sánchez aplaude a “autenticidade” do cine “menos convencional” durante a inauguración do GFFF

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, aplaudiu este venres a “autenticidade” do cine “menos convencional” que promove o Galician Freaky Film Festival (GFFF), durante a inauguración deste certame que se desenvolve dentro da marca Rías Baixas Film Fest.

Luisa Sánchez amosou a súa admiración polo cine “diferente” e alleo aos grandes circuítos comerciais porque permite “atopar xoias cinematográficas en cintas de baixo presuposto”. Igualmente, valorou positivamente a “forte aposta” feita pola organización á hora de promover películas alternativas e de serie B.

Publicacións Relacionadas