O vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación da serie documental “Narcogallegos 2”

adminON
Lectura mínima de 1

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da serie documental “Narcogallegos 2”, do xornalista pontevedrés Victor Méndez, cuxa preestrea terá lugar mañá, 3 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo Casino de Pontevedra, nun acto que conta coa colaboración da Deputación a través do convenio co Concello para o desenvolvemento de actividades culturais, de lecer e de promoción da cidade de Pontevedra, dotado con algo máis de 130.000 euros.

O vicepresidente provincial destacou o traballo realizado por Narcodiario e por Victor Méndez para esta serie, que mostra o panorama actual do crime organizado en España e que nesta nova entrega ten como fío condutor unha operación policial contra as redes de narcotráfico en Galicia na que se incautaron máis de 5.000 kg de cocaína.

Comparte este artigo