Home Deputacións Deputación Pontevedra Tiro de saída ao programa da Deputación "Degusta Europa" que repartiu preto...

Tiro de saída ao programa da Deputación “Degusta Europa” que repartiu preto de 800 tapas no Mercado do Grove

- Anuncio -

Degustáronse elaboracións de Francia, Italia e Suíza preparadas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza con produtos da provincia de quilómetro cero

“Degusta Europa” continuará o seu percorrido o xoves 19 de maio en Mondariz, o venres 20 en Pontevedra, o martes 24 en Gondomar, o xoves 26 en Vigo e rematará o martes 31 de maio no Mercado da Guarda

O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” vén de arrancar no Mercado do Grove con grande éxito de participación. Veciñanza da vila e persoas traballadoras do mercado municipal acompañaron ao deputado de Cooperación Santos Héctor, á deputada provincial Noemí Outeda e ao alcalde do Grove, José Cacabelos, e desfrutaron de ata 800 tapas de pratos típicos de Francia, Italia e Suíza elaborados polo alumnado do CIFP Carlos Oroza con produtos da provincia de quilómetro cero.

Ragout de feixóns, mexillóns, codium e froitos do mar reinterpretando o guiso francés elaborado con tenreira e primavera de verduras; carpaccio de robaliza e brotes frescos simulando o prato italiano con solombo de tenreira aliñado e salpimentado e acompañado de tosta de pan quente e encurtidos; lemon pie, sobremesa suíza reinterpretada con manteiga, fariña, laranxa, limóns, ovos, azucre e vainilla; e o italiano cóctel Bellini elaborado con espumoso galego, viño albariño e mirabeles foron as propostas que ofreceu o CIFP Carlos Oroza no Mercado do Grove. En total, esta mañá o alumnado e profesorado do centro educativo pontevedrés repartiu no mercado preto de 800 tapas (200 de cada elaboración) que foron degustadas con grande acollida pola veciñanza da vila.

“Non hai mellor forma que conmemorar así Europa” destacou o deputado de Cooperación, Santos Héctor, quen aproveitou a ocasión para remarcar os produtos “incribles” de proximidade que se venden nos mercados locais, “cos que se poden elaborar pratos de calquera lugar do mundo”, e a “profesionalidade” do alumnado do CIFP Carlos Oroza, “que foi quen de reproducir pratos de diferentes países europeos con produtos mercados hoxe aquí, no Grove”. Na mesma liña se pronunciou o alcalde, José Cacabelos, quen fixo fincapé ademais na importancia do proxecto común de Europa e na gastronomía “como linguaxe universal, como fío condutor de comunicación, que está a poñer en valor os produtos de quilómetro cero e a amosar coa intelixencia e coñecemento do alumnado do CIFP Carlos Oroza que con eses produtos se poden adaptar receitas europeas e somos capaces de comunicarnos entre todas e todos”.

“Degusta Europa” continuará o xoves que vén, 19 de maio ás 11.00 horas, no mercado de Mondariz tamén con elaboracións preparadas polo CIFP Carlos Oroza que alí ofrecerán pan de pita con roupa vella de matanza e queixo galego (Grecia), Smoreebrob de troita (Dinamarca), Panaacotta de requeixo con mirabeles e moras (Italia) e, como bebida, un cóctel Negroni (Francia). O venres 20 no Mercado de Pontevedra (11.00 h) o mesmo centro educativo encargarse de preparar sopa de goulash de tenreira con pan de manteiga (República Checa), maatjesharing (Países Baixos), moules frites (Bélxica) e un cóctel Black Velvet (Irlanda).

Nos mercados de Gondomar (24 de maio), do Progreso en Vigo (26 de maio) e A Guarda (31 de maio), ás 11.00 horas, será o CIFP Manuel Antonio o encargado de elaborar as propostas gastronómicas que consistirán nunha cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada; risotto cremoso de grelos con brocheta de galiña; desfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; tirabuzóns de calamar crocantes sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas