Home Lugo A Mariña Occidental BNG e veciñanza de Campo de Verdes urxen no pleno o ensanche...

BNG e veciñanza de Campo de Verdes urxen no pleno o ensanche do seu vial

- Anuncio -

A veciñanza de Campo de Verdes levou a este pleno de xuño, xunto coa concelleira Míriam Bermúdez, a urxencia de ensanchar o vial que vai cara as súas vivendas. Estas veciñas e veciños viven con preocupación, acumulando sustos, coñecedores de que o acceso ás súas vivendas impide o paso de camións de bombeiros e ambulancias medicalizadas, entre outros servizos públicos vitais e necesarios.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, plantexaba xa en abril cando defendeu á veciñanza da Misericordia, si era posible a modificación puntual das normas urbanísticas actuais para poder abrir novos pasos ou ensanchar os existentes. A resposta que se lle deu por parte do goberno de María Loureiro, foi que non era posible unha modificación e que habería que agardar á aprobación do PXOM.

Míriam Bermúdez, indica que “a realidade é que levamos agardando pola aprobación do PXOM 11 anos e o mes pasado coñecíamos outro novo atranco, xa que o informe sectorial da AXI veu denegado, o que suporá un novo atraso considerable no tempo co consecuente risco de perder outros informes sectoriais que están preto de caducar. Consideramos que agardar pola aprobación do PXOM non é unha opción.”

Míriam Bermúdez propón “solicitar unha modificación puntual das normas ubanísticas, que permitiría ensanchar e actuar neste viais sen o PXOM aprobado”, e explicao referíndose a que “no pleno do 9 de xullo de 2009, aprobouse solicitar unha serie de modificacións nas normas que permitían unha maior capacidade construtiva. Esa proposta do pleno elaborada polo técnico municipal, aprobouse por unanimidade e foi traslada á Xunta de Galiza quen en apenas 1 ano, a facía efectiva coa aprobación no DOG do Decreto 89/2019, do 3 de xuño polo que se modifica a ordenación provisional:

Tras estas aclaracións de Míriam Bermúdez no pleno, María Loureiro virou o discurso de “non se pode sen o PXOM” a “estamos pendentes dos informes favorables de Augas de Galiza para poder facer un retranqueo do muro que impide o paso”.

Vista a pouca seriedade no asunto, Míriam requireu a Loureiro que compartise a documentación relacionada con esta actuación, da que en teoría depende agora de Augas de Galiza, “consideramos que é unha situación de máxima urxencia e require a atención e o esforzo necesario para acadar unha saída.”

Na sesión plenaria, Míriam Bermúdez solicitou á alcaldesa en reiteradas ocasións, dar a palabra á veciñanza de Campo de Verdes ali presentes no pleno para que contasen de primeira man a gravidade da situación e expresar o seu malestar, proposta que rechazou María Loureiro provocando a indignación da veciñanza que abandonaba o pleno na segunda ocasión que a súa palabra lle foi negada. En anteriores ocasións a alcaldesa si permiteu as intervencións do público.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas