Home Terra de Trives Manzaneda A multiculturalidade da danza e da música chega mañá a Manzaneda e...

A multiculturalidade da danza e da música chega mañá a Manzaneda e O Carballiño nas Xornadas de Folclore de Ourense

- Anuncio -

O Claustro do mosterio de Celanova e o Parque do Malecón de O Barco son hoxe o escenario do segundo día das Xornadas, que retoman a súa normalidade despois do falecemento do director da agrupación sudafricana, George Oflilant, a quen se lle adicará un minuto de silencio en ambas vilas

O grupo de Sudáfrica, Amezebra, incorporase hoxe ao programa das XXXVIII Xornadas de Folclore, coa actuación prevista no Parque do Malecón, de O Barco, ás 22,30 horas. A agrupación tomou a decisión de proseguir a xira para “render homenaxe e lembrar” a figura do seu director, falecido en Ourense.

Deste xeito, as Xornadas, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, recuperan hoxe a normalidade do seu calendario e acollerán en Celanova ás agrupacións de Bolivia, Tahití e Ucraína e no Barco a Ecuador, Sudáfrica e Arxentina. Ao comezo das actuacións volverá a gardarse un minuto de silencio en lembranza de George Ofilant.

Mañá, 10 de agosto: Manzaneda e O Carballiño

A agrupación folclórica de Bolivia será a encargada de abrir a noite de danzas e músicas do mundo en Manzaneda. O Ballet Folclórico da Paz, Bafopaz, foi creado no ano 2006 e conta no seu haber con destacados premios como o “Eduardo Abaroa”, concedido polo Ministerio de Cultura de Bolivia, ou a “Medalla ao Mérito Cultural”, da Asemblea Lexislativa Plurinacional.

Entre as danzas que amosarán ao longo destas Xornadas atopase a de “Los Suri Sikuris, que ten a súa orixe nas comunidades andinas dos Mollos, Aymaras e Lipis, no departamento de La Paz e interpretábase nas provincias Camacho, Ingavi y Pacajes por mor dun matrimonio ou a construcción dunha casa.

Un dos obxectivos da agrupación boliviana é amosar en Ourense un amplo percorrido polas tradicións e culturas das distintas zonas do país, como sucede coa “ Morenada”, unha das danzas representativas da cultura occidental de Bolivia e que suscita sempre un debate entre os que defenden a orixe netamente aymara da danza e os estudiosos que atopan probas coloniais e republicanas da notable influencia da cultura dos escravos africanos das minas de ouro e potosí.

Bafopaz, actuará acompañado polas agrupacións folclóricas de Tahití e Ucraína. Mañá, 10 de agosto, ás 22, 30 horas no Patio Colexio de Manzaneda.

O Carballiño

Os compoñentes das agrupaciós de Ecuador, Sudáfrica e Arxentina actuarán na Praza Maior de O Carballiño ofrecendo unha mostra do folclore de dous continentes diferentes que, a pesares dos miles de kilómetros de distancia, manteñen algunhas raíces común. O grupo ecuatoriano Tungurahua comenzará o primeiro pase do espectáculo, seguido polos sudafricanos Amezebra e os arxentinos do Ballet Folclórico Latinoamericano Santiago del Estero, Bafolse.
Será na Praza Maior de O Carballiño, ás 22, 30 horas.

Recepción Oficial

As delegacións participantes nestas XXXVIII Xornadas de Folclore de Ourense serán recibidas mañá, día 10 de agosto, ás 12,00 horas, no Pazo Provincial.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Publicacións Relacionadas