A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a programación de actividades do Magosto 2024 requirirá pechar ao tráfico rodado rodado un treito da rúa Progreso, desde a baixada á Praza de Abastos ata a rotonda de San Rosendo, o luns, 11 de novembro, desde as 13.30 horas ata a finalización da actuación da orquestra Olympus (de 19 a 22 horas).
O tráfico procedente de Tras Alameda poderá circular pola rúa Parada Justel, cara á rúa Xoán XXIII, ata as 18.00 horas, cando se procederá ao corte desta vía. Tamén se prohíbe o estacionamento dos vehículos nas rúas Baixada á Praza de Abastos e Parada Justel desde as 13.00 horas ata a finalización dos actos previstos.