O Concello de Ourense aprobou o decreto polo que se fixan os servizos mínimos obrigatorios para a xornada de folga xeral convocada en España para o vindeiro mércores, 11 de novembro de 2026.
A medida busca compatibilizar o exercicio do dereito á folga cos dereitos dos cidadáns e o correcto mantemento dos servizos públicos fundamentais, considerando as circunstancias propias do día en que se produce (festivo local, no que se celebran os Magostos).
A resolución da Alcaldía, baseada nos informes da Dirección Xeral e da Xefatura do Servizo de Recursos Humanos, establece as dotacións e as porcentaxes de persoal que deberán permanecer en activo nas distintas áreas e departamentos municipais:
Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEISPC): Unha dotación completa integrada por 11 funcionarios, dos que polo menos un será un mando.
Benestar Social (Fogar do Transeúnte): 50% do persoal.
Saúde (Cemiterios Municipais): 25% do persoal.
Servizo de Cultura: O xefe do servizo en funcións, dous operarios, dous conserxes e un animador sociocultural.
Alcaldía: Unha funcionaria ou funcionario adscrito á área de Protocolo.
Servizos Xerais: Dous alguacís.
Os responsables dos diferentes servizos designarán o persoal encargado de prestar os servizos mínimos e velarán polo correcto cumprimento dos servizos mínimos establecidos.

