Co gallo das vindeiras eleccións xerais do 29 de novembro de 2026, o Concello de Ourense porá a disposición da cidadanía a consulta do censo electoral vixente e a atención de posibles reclamacións nas dependencias da oficina municipal de Padrón e Estatística (Praza de San Martiño, nº 2, baixo dereita).
A exposición ao público e o prazo para presentar reclamacións desenvolverase desde o luns 12 de outubro ata o luns 19 de outubro, nestes horarios:
- Días laborais: de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.
- Luns 12 (festivo), sábado 17 e domingo 18 de outubro: de 9:00 a 14:00 horas.

