O Concello de Ourense organiza unha nova edición do Programa Nexos de intervención con mulleres en situación de vulnerabilidade e violencia de xénero, que se desenvolverá desde outubro ata mediados de xuño.
Esta iniciativa leva anos realizándose na Concellaría de Igualdade-CIMM e ten por finalidade achegar un espazo para as mulleres de forma que actúe como nexo de unión entre elas e a contorna social máis próxima. Incidirá naquelas áreas deficitarias a nivel persoal, familiar e social para poder axustar mellor a súa situación e prestarlles así un servizo máis particular, eficaz, eficiente e de calidade.
Cada mes centrarase nun tema, con obradoiros, charlas e sesións prácticas, con 3 sesións mensuais, os xoves, de 10.00 a 13.00 h. Entre as temáticas máis traballadas están as relacionadas coa violencia de xénero, sobre a experiencia vital da muller e o seu contexto, a comunicación e resolución de conflitos, etc. Para iso contará coa colaboración de profesionais externas, especialistas en Terapia do Reencontro, Traballo Corporal e Técnicas de Relaxación, entre outras. O número máximo de participantes por grupo é de 15 mulleres.
As persoas interesadas poden obter máis información na Concellería de Igualdade, na rúa Vasco da Ponte, 1 baixo, no teléfono 988 393 191 ou no enderezo electrónico: concelleriamuller@ourense.es

