O Partido Popular acordou hoxe o nomeamento da concelleira Ana Méndez como nova portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense. Méndez Gil (Ourense, 1976) foi a número dous da lista do Partido Popular na cidade de Ourense nas eleccións locais de maio de 2023. Ademais de concelleira, Méndez é na actualidade a directora xerente de Galicia Calidade.
A designación de Ana Méndez supón a posta en marcha dunha nova estrutura no grupo municipal do PP, substituíndo a concelleira de forma conxunta o labor que viñan desenvolvendo Sonia Ogando como portavoz e Noelia Pérez como coordinadora.