Luis López solicita que a futura reforma do financiamento local sexa xusta, eficiente e estable na que se pondere a dispersión, o despoboamento e o envellecemento
- O presidente do PP de Pontevedra participou esta tarde no no II Foro de Deputacións, Cabildos e Consells, organizado polo PP nacional en Castellón, onde participou na mesa: “Un novo marco para as institucións provinciais e insulares: financeamento, competencias e simplificación”.
- “Non hai vontade política cun Goberno tan débil como o de Sánchez. O Goberno actual o que ten que facer é pagar o que debe e cumprir coas súas obrigacións e non seguir enredando coas lerias do sanchismo. O futuro do municipalismo español definirémolo cun goberno de Alberto Núñez Feijóo”, precisou o presidente do PP de Pontevedra.
Pontevedra, 2 de xullo de 2026.- O presidente do PP de Pontevedra e presidente da Deputación, Luis López participou esta tarde no II Foro de Deputacións, Cabildos e Consells, organizado polo PP nacional en Castellón, onde solicitou que a futura reforma do financiamento local sexa xusta, eficiente e estable e na que se pondere a dispersión, o despoboamento e o envellecemento da poboación.
“Necesitamos unha reforma para todos e decidida entre todos, porque o que é de todos, decídese entre todos, que sexa xusta e non afonde nas brechas territoriais; que sexa suficiente, porque estamos a asumir cada vez máis competencias con menos fondos; que sexa estable porque ten ser unha reforma para as seguintes décadas; que sexa transparente, porque os acordos teñen que ser nos foros oficiais e de forma multilateral; e que sexa simultánea á reforma do financiamento autonómico, porque son vasos comunicantes”, explicou Luis López.
O dirixente popular indicou que o reparto debe ter varias premisas e ponderar a dispersión, porque non custa o mesmo prestar servizos nun territorio concentrado que nun disperso; o despoboamento das zonas rurais; e o envellecemento, porque os maiores demandan máis da administración; ao que suma o turismo, xa que só as Rías Baixas, acollen cada ano case 2 millóns de visitantes
Luis López destacou que o Goberno actual o que ten que facer xa para mellorar o financiamento é pagar: o custo da dependencia ao que lle obriga a lei, as axudas prometidas aos concellos afectados polos temporais no inverno, os arranxos da rede de estradas nacionais, e de tantas outras infraestruturas.
“Non hai vontade política cun Goberno tan débil como o de Sánchez. O Goberno actual o que ten que facer é pagar o que debe e cumprir coas súas obrigacións e non seguir enredando coas lerias do sanchismo. O futuro do municipalismo español definirémolo cun goberno de Alberto Núñez Feijóo”, precisou o presidente do PP de Pontevedra.
Luis López foi ponente da mesa: “Un novo marco para as institucións provinciais e
insulares: financeamento, competencias e simplificación” xunto á presidenta da Deputación Castellón, Marta Barrachina que moderou a mesa, na que tamén participaron o presidente da Deputación Valencia, Vicent Mompó; a presidenta da Deputación Palencia, Ángeles Armisén; o presidente da Deputación Granada, Francis Rodríguez; o presidente da Deputación Ávila, Carlos García; o presidente da Deputación Ciudad Real, Miguel Ángel Valder Menchero; e o presidente do Consell Insular Menorca, Adolfo Vilafranca.

