A alcaldesa, María Ramallo, despide ao enterrador dos cemiterios de Marín, que inicia a súa xubilación

Redacción

35 anos despois, Francisco Fernando Castro Loira, o enterrador que leva exercendo esta profesión nos tres cemiterios de Marín, inicia unha merecidísima xubilación. A alcaldesa, María Ramallo, reuníuse con el esta mañá para felicitalo por entrar nesta nova etapa vital e sobre todo para agradecerlle enormemente o seu servizo público, sempre exercido con vocación, sensibilidade e moitísimo respecto e compromiso.

Especialmente, Fernando destacou os cambios que se deron nun oficio que non é doado e no que non sempre é sinxelo atopar relevo, pero confía en que as súas ensinanzas e consellos teñan sido ben recibidos polos que quedan. Ademais, destacou na súa profesión por facer un gran esforzo na clasificación de documentación.

Comparte este artigo