A Biblioteca do Porriño, gañadora do Premio Nacional REBIUN 2026 polo proxecto de biblioterapia infantil “Contos que curan”

Redacción
Lectura mínima de 1

A noticia non puido chegar nun momento máis simbólico. O alcalde do Porriño recibiu a confirmación oficial de que a Biblioteca Municipal foi a gañadora da VIII edición do Premio REBIUN mentres se atopaba nas propias instalacións do centro, rodeado de libros e nenos e nenas celebrando o Día do Libro.

O “Premio REBIUN ás boas prácticas en biblioteca” , un dos máis importantes de España no ámbito das bibliotecas, está destinado a recoñecer o mellor proxecto de boas prácticas levado a cabo por bibliotecas españolas non universitarias, así como por organismos relacionados coas bibliotecas como colexios profesionais, asociacións e institucións bibliotecarias.

Comparte este artigo