A biblioteca municipal de Salvaterra contará con actividades de Samaín para @s máis pequen@s

adminON
Lectura mínima de 1

Dende a Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño e con motivo da celebración do Samaín, levaranse a cabo dúas actividades, unha dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos e outra de 7 a 12 anos.

A primeira “Crea a túa historia de Samaín” para os máis maiores será o 30 de outubro ás 16:30 horas e a segunda un “Obradoiro de creación de máscaras” o 31 de outubro ás 10:30 horas. As inscricións realizaranse a través do correo biblioteca@concellodesalvaterra.org ou na propia Biblioteca Municipal.

Esta é unha das datas máis esperadas do calendario para pequenos e maiores: e novamente o Concello de Salvaterra de Miño aposta por actividades que na edición pasada foron un éxito.

Igualmente, apóstase polo Roteiro Nocturno de Samaín que será a noite do 31 de outubro e no que xa están as incricións abertas a través da web www.barafundaanimacion.com/Roteiros/salvaterra

Comparte este artigo