Home O Morrazo Cangas A Deputación enche de "Deporte e Vida" as praias de Sanxenxo, Poio,...

A Deputación enche de “Deporte e Vida” as praias de Sanxenxo, Poio, Nigrán e Cangas co patrocinio do “Verán Deportivo”

- Anuncio -

O programa combina volei praia, futvolei e tenis praia con iniciativas sociais e medioambientais. Carmela Silva: “Queremos ser a provincia referente dos deportes de praia de Galicia e todo o Estado”

Entre o 10 de xullo e o 15 de agosto as praias de Baltar en Sanxenxo, Lourido en Poio, Panxón en Nigrán e Rodeira en Cangas encheranse de “vida” a través do “Verán Deportivo” un programa que patrocina por vez primeira a Deputación de Pontevedra co obxectivo de converter á provincia, en palabras da presidenta Carmela Silva, “nun grande referente dos deportes de praia no conxunto do Estado e de Galicia”. A presidenta provincial xunto a concelleiras/os de Deportes de Poio (Marga Caldas), Nigrán (Luis Sanromán), Sanxenxo (Daniel Arosa), representantes das Federacións Galegas de Tenis (Marco Casal) e Voleibol (Alberto García), amais das deportistas Begoña Montenegro (7ª no Campionato de España de Tenis Praia por comunidades) e Aida Pérez (Campioa galega de Volei Praia), e dun dos pioneiros do futvolei, Enrique Herrera, deron a coñecer esta mañá o calendario e obxectivos desta actividade deportiva que combina volei praia, futvolei e tenis praia con iniciativas sociais e medioambientais.

“Cada día é maior o número de persoas que cando elixen un lugar para desfrutar das súas vacacións buscan vivir experiencias e participar activamente do espazo público. Verán Deportivo é un deses proxectos conxuntos que tanto nos gustan na Deputación de Pontevedra, clave para atraer o turismo non masificado e sostible que estamos a promover”, remarcou a presidenta na presentación do evento. Carmela Silva tamén destacou a implicación de diferentes administracións públicas e federacións deportivas na actividade, nesta proba deportiva, enxalzando a suma de sinerxías para converter a Pontevedra “na provincia referente dos deportes de praia no conxunto do Estado e de Galicia”. Neste eido, os representantes dos concellos, federacións e deportistas, que agradeceron o apoio da Deputación co patrocinio do “Verán Deportivo”, subliñaron o feito de achegar o deporte ás praias e as condicións de seguridade nas que se desenvolverán as modalidades deportivas.

O “Verán Deportivo”, que prevé a participación de 380 persoas aínda que mobiliza a moitas máis, contará con competicións de volei praia, futvolei e tenis praia nas modalidades feminina, masculina e mixta. Estará aberto a maiores de 16 anos e cada fin de semana acollerá dúas competicións: unha para persoas federadas e outra dirixida a amateurs.

Calendario
O evento arrancará os días 10 e 11 de xullo con volei praia en Panxón (Nigrán). Os días 17 e 18 de xullo continuará na praia de Baltar de Sanxenxo con tenis praia e futvolei e, no mesmo espazo pero os días 24 e 25 de xullo, con volei praia. Os días 31 de xullo e 1 de agosto a praia de Rodeira en Cangas acollerá tenis praia e futbolei. Xa en agosto, os días 7 e 8, terán lugar as competicións de volei praia en Lourido, Poio. “Veran Deportivo” rematará a fin de semana do 14 e 15 de agosto con tenis praia e futvolei tamén en Lourido, Poio. Amais das competicións de volei praia, futvolei e tenis praia haberá tamén en cada concello sesións de formación sobre estas disciplinas deportivas para as crianzas, que terán lugar, todas elas, o venres anterior ao inicio das probas.

“Verán Deportivo”, que regresa tralo parón do 2020 por mor da covid, dá sentido ao deporte como elemento integrador en accións sociais e medioambientais. De feito, trátase dun evento comprometido coa mellora da empregabilidade das persoas en risco de exclusión social e ofrece un compromiso co coidado do medio ambiente na recollida selectiva de todos os envases utilizados nas competicións. Amais pretende fomentar a práctica do deporte e dos hábitos saudables e de benestar nas praias.

Xunto a “Verán Deportivo”, a Deputación de Pontevedra tamén está a colaborar ao longo deste ano con outras actividades entre as que se atopan a “Epic Race”, o Costa Atlántica Triple Coroa de natación, o Trail League BTT e a Golden River Race de piragüismo.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas