Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación realizará unha actuación de mellora da mobilidade na contorna do...

A Deputación realizará unha actuación de mellora da mobilidade na contorna do mosteiro de San Pedro de Vilanova, en Dozón

- Anuncio -

O ámbito de actuación abrangue un tramo de preto de 200 metros da estrada provincial EP-6107 Diz-Bidueiros-Amedo na que se mellorará o pavimento para adecualo á contorna do mosteiro e se realizarán obras de canalización de pluviais

A Deputación de Pontevedra realizará unha actuación de mellora da mobilidade na contorna do mosteiro románico de San Pedro de Vilanova, en Dozón. Así o confirmou a deputada provincial de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, ao alcalde de Dozón, Adolfo Campos, nunha visita ao tramo de 200 metros da estrada provincial EP-6107 Diz-Bidueiros-Amedo no que se mellorará o pavimento para adecualo á contorna do mosteiro e se realizarán obras de canalización de pluviais.

Na visita a Dozón a deputada provincial comprobou in situ o proxecto no que o servizo de Infraestruturas está a traballar para dar resposta á demanda realizada polo alcalde da vila ao Goberno provincial. Deste xeito, Couselo e Campos percorreron o ámbito da actuación e analizaron o alcance das obras que se van realizar na contorna do mosteiro románico de San Pedro de Vilanova.

En concreto, o proxecto contempla a mellora do pavimento desa contorna que permitirá, por unha banda, embelecer o espazo público e mellorar tanto a mobilidade peonil como a seguridade viaria. Deste xeito, está previsto executar un pavimento de formigón lavado delimitado nas marxes por laxas rectangulares de pedra de granito, que se integrarán co camiño de titularidade municipal que sae perpendicular á estrada provincial fronte ao mosteiro, recentemente reformada polo Concello de Dozón. Ademais, tamén se realizarán obras de drenaxe e disporase dunha cuneta remontable de seguridade que garantirá a condución das augas pluviais e aumentará o espazo peonil na contorna da actuación.

Relacionadas

A Deputación custodiará a última bandeira arriada no cuartel de San Francisco, trala disolución...

0
A última enseña deste rexemento estivo gardada desde o ano 1987 por Fernando Ramos, autor do libro “La huella en Ourense del Zamora 8”,...

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Publicacións Relacionadas