HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda avanza o seu compromiso verde cun camión de recollida eléctrico

A Guarda avanza o seu compromiso verde cun camión de recollida eléctrico

- Anuncio -spot_img
  • Este novo camión será o encargado da recollida dos biorresiduos do colector marrón

A Guarda ultima os preparativos para a instalación do colector marrón. O Concello vén de adquirir un novo camión para a recollida dos biorresiduos.

Este vehículo encargarase da recollida dos residuos do novo colector marrón. O vehículo é eléctrico, buscando o menor impacto contaminante e reducindo as emisións de CO2.

Durante as próximas semanas procederase á instalacións dos colectores marróns e a repartición de chaves. Deste xeito, o Concello da Guarda avanza na mellora da separación dos residuos e no seu compromiso co medioambiente.

Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es ou chamar ao 986 61 00 00.

Esta acción conta coa axuda da Xunta de Galicia e financiamento dos fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Publicacións Relacionadas