HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

A Guarda celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

- Anuncio -spot_img
  • O contacontos A Fada Diana será este sábado 25 de outubro ás 12:00h

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil

 que conmemora a destrución da Biblioteca Nacional de Saraievo en 1992 e busca concienciar sobre a importancia da lectura e o papel das bibliotecas como centros culturais e sociais.

Na Biblioteca da Guarda celebramos este día co contacontos A Fada Diana. Terá lugar o sábado 25 de outubro ás 12:00 horas. Este contacontos está recomendado a partir dos 4 anos e a entrada será libre.

A Fada Diana guíanos nesta aventura para descubrir os segredos da reciclaxe e lembrar que o cambio só é posible coa colaboración de todos en igualdade. Danza, circo, maxia e cancións orixinais transportarán aos nenos a un mundo máxico con participación activa. Xuntos podemos ser heroes!

Publicacións Relacionadas