HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda ofrece unha formación gratuíta en apps útiles para a xestión...

A Guarda ofrece unha formación gratuíta en apps útiles para a xestión de trámites en internet

- Anuncio -spot_img
  • O curso é de carácter gratuíto e as inscricións xa están abertas en informacion@aguarda.es

O programa “Yo conecto” aterra na Guarda para ofrecer unha formación gratuíta para mellorar as competencias dixitais dos participantes.

Os cursos están deseñados principalmente para persoas dos 18 aos 59 anos e centraranse en aprender a usar aplicacións móbiles para xestionar o día a día. Deste xeito, os trámites administrativos, cada vez máis dixitais e electrónicos, deixará de ser un problema.

No curso descubrirán ferramentas de organización, acceso a sedes electrónicas e trámites oficiais. O cursos será do 17 ao 20 de novembro de 10:00 a 13:00 horas, e o prazo de inscrición xa está aberto mandando un correo electrónico a informacion@aguarda.es

Esta iniciativa está impulsada pola Fundación Cibervoluntarios e conta co apoio de Red.es e o Ministerio para a Transformación Digital y de la Función Pública.

Publicacións Relacionadas