Home Pontevedra Caldas A incompetencia e desleixo da Xunta de Galiza deixa a sanidade pública...

A incompetencia e desleixo da Xunta de Galiza deixa a sanidade pública en Cuntis nunha situación límite

- Anuncio -

Natalia Camiña: “Non é de recibo que continuemos sen pediatra e que as listas de agarda para unha consulta cheguen aos 20 días”

O Bloque Nacionalista Galego de Cuntis denuncia a situación nefasta que está a vivir o centro de saúde como se pode observar nas simulacións que se adxuntan para pedir cita cos tres médicos do centro feitas durante 3 semanas. As imaxes falan por si mesmas e reflicten un problema que non é puntual.

A situación inclúe axendas pechadas pola non cobertura das baixas do persoal do centro e esperas de ata 20 días para poder ter unha consulta.
No BNG consideramos que non podemos permitir isto. Non se pode deixar que os veciños e veciñas de Cuntis paguen pola incompetencia e o desleixo na xestión da sanidade feita pola Xunta de Galiza.

Hai uns meses, a Xunta de Portavoces do noso Concello mantivo unha reunión co Responsable da Área Sanitaria de Pontevedra, na que este afirmou que ía mellorar a situación do centro médico e que ía mandar un facultativo de reforzo algunhas tardes para acurtar a lista de espera ademais de cubrir a baixa de longa duración dun dos facultativos.
Mais nada aconteceu.

Por se fose pouco, seguimos sen servizo de pediatría que, por certo, ía estar en Cuntis e en Moraña.
“Non somos cidadás e cidadáns de segunda. Demandamos unha atención primaria digna en Cuntis, que atenda áxil e adecuadamente aos nosos veciños e veciñas”, concluíu a portavoz nacionalista, Natalia Camiña.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas