A piscina municipal de Salvaterra rexistra máis de mil visitas desde a súa apertura no pasado mes de xuño

adminON
Lectura mínima de 2

As piscinas municipais de Salvaterra de Miño abriron as súas portas ó público o pasado  21 de xuño e dende entón contaron coa visita de máis de mil persoas. 

Coa chegada do verán e o bo tempo é momento de ofrecer ós nosos veciños e veciñas  opcións de ocio para pequenos e maiores. Polo que este ano nuevamente apostouse  pola ampliación do período de apertura, así as instalacións abrirán un mes máis e  continuarán en funcionamento ata o vindeiro 15 de setembro para que todo o que queira  poida desfrutar nas tardes do verán.  

O horario das piscinas municipais é de martes a venres de 15:00 a 21:00h e o fin de  semana, sábados e domingos, dende as 14:30 ata as 21:00h. Os luns permanecerán  pechadas para o mantemento das mesmas. 

Ademais o pasado día 2 de xullo deron comezo as clases de natación en horario de mañá que se prolongarán ata finais de xullo e no mes de agosto comezará outro grupo novo. 

No entorno das piscinas contamos cun servizo de aluguer de bicicletas que está  dispoñible de venres a domingo e festivos en horario de 09:00 a 13:00 e de 19:00 a 22:00  horas na entrada do Parque da Canuda para a época estival.

Comparte este artigo