A Ruta Gastronómica DGusta Porriño entrega os seus premios

adminON
Lectura mínima de 1
  • Sorteáronse 10 tarxetas regalo de 50 euros e unha de 500 euros para gastar no comercio e hostalería local

De entre os máis de 8.000 trípticos selados nesta edición da ruta tapas e petiscos do Porriño, DGusta Porriño,  once foron os agraciados con tarxetas regalo para gastar no comercio e na hostalería local.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os representantes de Ahospor, José Manuel Fernández e Silvana Rodríguez, foron os encargados de entregar onte os premios aos gañadores.

As dez tarxetas por valor de 50 euros corresponderon a Emilio Rodríguez, Andrea Debén, Fran Alberti, Sergio Otero, Begoña Domínguez, Asfa Márquez, Jose Luis Álvarez, Lorena Silva, Catia Fernández e Dora. O premio gordo, o cheque de 500 euros, foi para Catarina Fernández.

Este ano foron 29 os establecementos participantes nesta ruta gastronómica que xa é cita obrigada na axenda porriñesa no mes de novembro, cando miles de persoas disfrutan das propostas da hostalería local. Concello e Ahospor aproveitaron para agradecer e felicitar novamente aos participantes nestas xornadas, tanto aos clientes que participaron como aos hostaleiros que, co seu bo facer, fixo que este evento fora un ano máis todo un éxito.

Comparte este artigo