Home Pontevedra Caldas A Xunta colabora na mellora das infraestructuras viarias do concello de Moraña

A Xunta colabora na mellora das infraestructuras viarias do concello de Moraña

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, os traballos realizados no municipio con apoio da Xunta

— A actuación enmarcase na Orde de Infraestuturas de uso público a través da que o Goberno galego financia obras de mellora das instalacións municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitaron hoxe o concello de Morana, onde o Goberno galego colabora na mellora das súas infraestruturas viarias. Así, a través da Orde de Infraestruturas de uso público, a Xunta destinou máis de 20.300 euros para a pavimentación dun camiño público en Santa Lucía co obxectivo de mellorar a seguridade viaria da zona e garantir unha mobilidade máis fluída entre os distintos núcleos.

A Xunta xa colaborou nos últimos anos na pavimentación doutras vías públicas na Torre Amil e en viais do centro urbano de Moraña. A través desta orde, o Goberno galego financiou no concello outras actuacións como a renovación de aseos do Centro Público Integrado Plurilingüe (CPI) de Santa Lucía, a instalación de iluminación pública neste núcleo ou a creación dunha pista multideportiva e de uso público no municipio.

O Goberno galego destina este exercicio á convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público 4 millóns de euros, mantendo o orzamento do ano pasado despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. Así, a Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Durante a súa visita, Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades da veciñanza, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.

No concello de Moraña, o diálogo fluído coa Xunta e a cooperación nos últimos anos supuxo un investimento no municipio por parte do Goberno galego de máis de 659.300 euros, tanto en actuacións financiadas con esta orde, como con outras liñas de axudas como o Fondo de Compensación Ambiental, que neste ano conta cun orzamento de 11 millóns de euros para levar a cabo melloras ambientais nos municipios galegos.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas