Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta Abre o prazo de inscrición dos primeiros cursosdo Plan de Formación 2024...

Abre o prazo de inscrición dos primeiros cursosdo Plan de Formación 2024 Concello de Covelo

- Anuncio -

O Concello de Covelo da un paso máis na calidade dos contidos dos cursos e incluirá un módulo de igualdade en cada un deles

A concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, informa que xa está aberto o prazo para inscribirse nos primeiros cursos de formación do VIII Programa Municipal de Formación 2024 Concello de Covelo.

Deseñados e programados logo dun proceso de participación e consenso os cursos pretenden mellorar a inserción laboral das persoas participantes. Analizado o mercado laboral con empresas de formación, oficinas de emprego e veciñanza o Concello lanza os tres primeiros cursos do 2024.

Nestes intres e ata o 15 de febreiro está aberta a inscrición para o curso de “inglés xeral, comercio e turismo” que se impartirá do 20 de febreiro ao 11 de xuño cunha duración total de 64 horas. Ata o 19 de febreiro as persoas empadroadas poderán inscribirse no de procura activa de emprego que terá lugar o 22, 23, 26 e 27 de febreiro cun total de 20 horas de formación. Tamén se oferta o curso de almacén e picking programado para os días 1, 4, 5, 6 e 7 de marzo que manterá o prazo de inscrición aberto ata o 23 de febreiro.

“Comezamos o plan de formación con tres cursos moi demandados non só no mercado laboral tamén polo propio tecido da hostalaría que ten a necesidade de aprender idiomas para dar un bo servizo á clientela que, cada vez máis, elixe Covelo para gozar de experiencias vacacionais vencelladas á saúde e ao contacto coa natureza”, explica a concelleira.

Módulo de Igualdade (ODS 5)
O Concello de Covelo da un paso máis na calidade dos contidos dos cursos e inclúe un módulo de igualdade en cada un deles avanzando así no seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente co ODS 5 Igualdade de Xénero promovendo o acceso en igualdade de condicións e oportunidade a un traballo digno. Segundo explica a concelleira de Igualdade, María José Valiñas, os contidos que se tratarán forman parte do material de sensibilización para a corresponsabilidade e novas masculinidades dos proxectos realizados polo Concello de Covelo en materia de igualdade, neste caso con financiamento a través do Plan Corresponsables.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas