Ampliamos o programa de compostaxe doméstica para o ano 2024

adminON
Lectura mínima de 1

• Tendo en conta entregas anteriores, sumarían un total de 350

• Isto significa que 350 vivendas unifamiliares xa poden autoxestionar a súa materia orgánica para convertela en compost, que regresará de novo á terra en forma de abono natural para dar unha nova vida.

• Dende oConsistorio recordan que estes restos orgánicos non se podén depositar no contenedor verde

O Concello de Arbo, vai a facer entrega de COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS, entregados por SOGAMA, a todas aqueles veciños e veciñas de Arbo, que todavía non o solicitasen.

Esta nova campaña, ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

A función dos composteiros, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, é posibilitar a fermentación controlada dos restos orgánicos para a súa transformación en compost, un abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para o solo e que se vén aplicando na agricultura e a xardinería.

Os interesados en obter algún dos composteiros deberán solicitalo nas oficinas municipais do Concello de Arbo, e serán entregados por orden de Rexistro de Entrada.

Comparte este artigo