A Deputación condena o castelo de Sobroso á marxinación con tan só 10 visitas teatralizadas fronte ás 44 de Soutomaior
O tecido social, cultural e turístico de Mondariz e da comarca do Condado recibiu cun fondo malestar e indignación a última decisión adoptada pola Deputación de Pontevedra respecto ao repartimento do programa de visitas teatralizadas para o próximo outono e Nadal. Nunha polémica resolución, o goberno provincial presidido por Luis López aprobou a adxudicación deste contrato destinando unicamente 10 quendas de visitas (o 22,73 % do total) ao Castelo de Sobroso, unha cifra que resulta ridícula e insultante se se compara coas 44 quendas reservadas para o Castelo de Soutomaior (o 77,27% do total). Esta drástica diferenza de máis do cuadruplo de actividades a favor de Soutomaior supón unha discriminación territorial sen xustificación técnica nin patrimonial comprensible. O seu portavoz, Xoán C. Montes Bugarín, cualificou a medida de “ninguneo directo” ao potencial de Sobroso, un dos bastións históricos máis singulares do sur de Galicia.
“O máis incomprensible desta marxinación é que se produce xusto no momento en que o Castelo de Sobroso máis apoio institucional necesita”, afirmou o portavoz municipalista. A fortaleza, situada no concello de Mondariz, vén de reabrir as súas portas hai moi pouco tempo tras permanecer varios meses completamente pechada ao público por mor de diversas obras e reformas. “Resulta un contrasentido absoluto que despois de ter a fortaleza pechada durante meses, a estratexia da Deputación para relanzala sexa programar un calendario de visitas teatralizadas que é ridículo, se o comparamos con Soutomaior”, denuncia Calis. “No canto de apostar por unha discriminación positiva ou, cando menos, por unha distribución equitativa para recuperar o fluxo de visitantes perdido en Mondariz, a Deputación decide concentrar case o 80% do orzamento e do esforzo promocional na fortaleza de Soutomaior, deixando as migallas para Sobroso”, criticou.
A falsa promesa de “desestacionalización” e “turismo para todos”
A pesar de que a Deputación de Pontevedra xustificou publicamente este investimento de 80.000 euros baixo os obxectivos de “promover un turismo sostible, descentralizado e desestacionalizador”, a realidade dos datos desminte por completo este relato. Con tan só 10 visitas teatralizadas repartidas entre os meses de outono e a campaña de Nadal, a marxe de atracción de turistas para o concello de Mondariz e a comarca do Condado será testemuñal.
Esta política de “castelos de primeira e castelos de segunda” prexudica gravemente á https://www.depo.gal/es/w/noticia-xg-adxudicacion-visitas-teatralizadas-castelos-soutomaior-esobroso-10-07 2026?utm_source=newsletter&utm_medium=email hostalería, ao comercio e ao sector servizos de Mondariz e do Condado, que ven como se lles nega a oportunidade de beneficiarse dun turismo cultural de calidade en tempada baixa.
Por todo isto, esixen unha rectificación inmediata á Deputación de Pontevedra e ao seu presidente para que equilibren a programación, respecten o equilibrio territorial da provincia e dean ao Castelo de Sobroso o protagonismo e a dignidade que merece a súa historia.

