• CONCELLO DE ARBO, RECBE UNHA ACHEGA PARA “REFORMA DE VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL”, tras resolución de concesión de subvención da Deputación provincial de Pontevedra- PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS (PEID)
• Orzamento: 33.268,59 € (IVE do 21% incluído que ascende a 5.773,89 €)
O Concello de Arbo, recibe unha achega por importe de 33.268,59€.- da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas (PEID) para a reforma dos vestiarios do Campo de Fútbol Municipal de Arbo.
O obxecto do presente proxecto reside na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.
Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.
A intervención é o resultado de dúas necesidades:
a) Unha funcional: Dotar ao campo de futbol de máis vestiarios.
b) Unha construtiva: Resolver a patoloxía da entrada de auga pola fachada.
Ademais procédese a facer accesible un aseo de público dos xa existentes, xa que actualmente non cumpre normativa.
O obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.
Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.
O acceso aos novos vestiarios proxéctase desde o exterior, polo que se realizará a apertura do oco para o acceso, así como para unha xanela, que permita a ventilación dun dos novos vestiarios.

