Arrancan as obras de reforma da cuberta na Casa de Cultura de Leirado

adminON

Nesta semana iniciábanse os traballos de reforma na cuberta da Casa cultural da parroquia de Leirado, unha obra financiada a través da liña de investimentos do Plan + Provincia 2025 da Deputación Provincial, por un importe de máis de 51.000,00€

A necesidade deste proxecto ven determinada polas diferentes filtracións de auga por parte da cuberta, que aconsellaban unha actuación para a mellora e reparación dunha parte importante da mesma, así como o selado de fisuras.

Realizarase o levantado e retirada da tella mixta, así como da uralita, a continuación colocarase unha uralita nova, previos rastreles de mortero, a fixación de onduline mediante tacos e torllineria para acabar colocando nova tella. Tamén se realizará a mellora da estanquidade da cuberta co lavado do tellado e a aplicación de hidrofugane, a reparación e repasado das grietas existentes baixo cuberta e o pintado de parametros verticais e horizontais.

Comparte este artigo