Home Pontevedra Deza Arrinca a XGN R Encounter con 425 participantes e unha forte aposta...

Arrinca a XGN R Encounter con 425 participantes e unha forte aposta pola formación

- Anuncio -

 A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle ata o luns esta lanparty, que recupera o formato presencial para inscritos. Estes poderán participar en máis de 40 actividades lúdicas e formativas, pero non é posible nesta edición que os visitantes accedan ao recinto. Sen embargo, todas as actividades se poden seguir comodamente a través de Youtube e Twitch.

 Nesta edición estableceuse un completo protocolo fronte á COVID-19, favorecido polos enormes pavillóns do recinto, a súa ventilación e a redución do aforo.

 O panel de conferencias e talleres xa comezou, con temáticas tan interesantes como as criptomonedas, a programación ou as claves do streaming. E ao mesmo tempo, os participantes están xa tomando parte nas moitas competicións programadas nun estupendo ambiente.

A XGN R Encounter arrincou hoxe con 425 participantes, máis de 40 actividades programadas e unha velocidade de conexión a Internet de 20 Gbps. Nesta 21ª edición realizouse unha especial aposta pola formación, a través de charlas e talleres sobre algúns dos temas que marcan a actualidade do panorama tecnolóxico.

Nesta lanparty, que ten lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata o 11 de outubro, estableceuse un completo protocolo fronte á COVID-19, favorecido polos enormes pavillóns do recinto, a súa ventilación e a redución do aforo, que nesta edición é sensiblemente inferior aos 932 rexistrados de 2019, o que permite unha ampla separación persoal entre participantes. De igual forma, incorporáronse dispositivos para medición de CO2, reforzouse a vixilancia e a limpeza, habilitáronse puntos de desinfección e, por suposto, o uso da máscara é obrigatorio en todo momento.

En todo caso, a necesidade de adaptarse ás medidas anti-covid non impediu que a organización configurase un amplo programa que inclúe conferencias, talleres, competicións e xogos nas súas áreas tradicionais: creatividade dixital, hardware, programación e videoxogos. De feito, comezaron xa hoxe as primeiras actividades formativas, como a dedicada a coñecer en profundidade o mundo das criptomonedas, e un taller sobre programación de luces LED.

Tamén se iniciaron xa as retransmisións por Youtube e Twitch das actividades desta XGN R Encounter, o que facilita que calquera persoa interesada en seguir a actualidade do encontro tecnolóxico poida facelo con total comodidade. Nesta edición, e por motivos de seguridade, non é posible achegarse como visitante ao recinto feiral, e só os participantes poden acceder ás instalacións para tomar parte nas actividades de forma presencial.

Esta cita é a quinta con R como colaboradora e patrocinadora oficial, que ademais proporciona 20 xigas de velocidade de conexión ao evento, e de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party. A XGN R Encounter está vinculada á rede de Encounters que a Fundación Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter.

Actividades en marcha
Para esta mesma tarde activaranse ao 100% todas as áreas da lanparty. Así, será o momento de observar en acción a iniciativa Roteiro Maker, que tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurais e semirrurais de Galicia con diferentes talleres para todos os públicos e nun formato innovador e divertido. De igual forma, abríronse xa as inscricións para que os participantes poidan apuntarse ás competicións de arte dixital, que inclúen categorías como curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast compos e anime music vídeo.

Tamén está activa a competición de software libre AI Contest, unha proba consistente en programar un robot para que compita con outros nun sinxelo xogo. Non faltarán tampouco os torneos de videoxogos, que comezaron xa as eliminatorias para disputar mañá domingo a gran parte das finais. Será o momento de coñecer aos mellores xogadores de LOL, CSGO, Valorant ou Skribbl. io, Fifa21, JustDance 21, Guilty Gear: Strive ou Mario Kart 8: Deluxe.

O gran ambiente que xa está a desfrutar a XGN R Encounter confírmase coa alta participación que están a ter os xogos de Outras Actividades, precisamente a área máis desenfadada. Quedan por diante momentos tan esperados como o Trivial de cinema, o karaoke ou o “Non te rías que é peor”, entre outras moitas probas nas que o máis importante é divertirse.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas