HomeVigoO PorriñoAtrezo e Fontelleva presentan “Divertimento Puerilis”, unha festa ao grande na colocación...

Atrezo e Fontelleva presentan “Divertimento Puerilis”, unha festa ao grande na colocación da primeira pedra da calzada romana XIX

- Anuncio -spot_img
  • Será o domingo 4 de agosto a partir das 21 h na praza Arquitecto Antonio Palacios

A praza arquitecto Antonio Palacios acolle este domingo 4 de agosto, a partir das 21 h, unha das actividades adiadas de Porrigalia por mor da choiva.

Trátase da obra de teatro “Divertimento Puerilis”, da compañía Atrezo Teatro e de Fontevella.

A peza está ambientada no día da «primae petrae collocation» da calzada romana XIX, que hai desde Lucus Augusta ata Conimbriga e pasa por Porrinium e Tude.

Para o evento desprázase desde Roma Gaius Lulius Caesar Octavianus Agustus e a súa muller Livia, e como pasa por Porrinium móntase unha festa ao grande, postos de comida, de bebida, de pan de O Porrinium, cegas de pedir polos camiños… ata hai unha mani. Un espectáculo para que toda a familia pase un bo ratiño nesta noite de verán.

Publicacións Relacionadas