HomeO MorrazoBueuBueu contará cunha unidade móbil para facer ou renovar o DNI ou...

Bueu contará cunha unidade móbil para facer ou renovar o DNI ou Pasaporte e tamén o DNI Elentrónico

- Anuncio -spot_img
  • Este luns foi presentado ao goberno o proxecto VIDOC, de Vehículos Integrais de Documentación, que se activará no segundo trimestre

A partir do segundo trimestre deste ano activarase o proxecto de VIDOC, de Vehículos Integrais de Documentación, unha iniciativa da Dirección Xeral de Policía que este luns foi presentada en Bueu no marco dunha reunión na que estiveron presentes membros do goberno local, concretamente Silvia Carballo, Xosé Leal e Carmen García, o cabo xefe da Policía Local de Bueu e varios responsables da Comisaria Provincial de Pontevedra. Este proxecto implicará mellorar o servizo para obter ou renovar o DNI nun só trámite, ademais de incluírse o pasaporte nos municipios onde non existen comisarías de policía nin oficinas de documentación, como é o caso de Bueu.

Segundo se explicou na reunión deste luns, a partir do segundo trimestre virán todos os meses unhas unidades móbiles nas que a cidadanía poderá realizar trámites como renovación do DNI ou pasaporte e activación do DNI electrónico. E coa novidade de que se fará no mesmo día, sen necesidade de asistir dous días para completar o trámite como vén sucedendo ata o de agora.

Pendente aínda de confirmar a ubicación destas unidades móbiles, o que si se pode avanzar é que será nun lugar céntrico e nas proximidades do Concello para garantir a accesibilidade e comodidade da cidadanía. Así mesmo, e como ata o de agora, as citas para poder empregar os servizos deberán solicitarse na Policía Local da vila.

Entre os beneficios deste proxecto para a cidadanía están a comodidade, pois poderanse realizar trámites evitando desprazamentos innecesarios; o aforro de tempo, xa que se elimina a necesidade de viaxar a outras cidades e redúcese o tempo dedicado a estas xestións; e unha maior accesibilidade.

Publicacións Relacionadas