Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro despertou o interese e a simpatía en toda España durante...

Campo Lameiro despertou o interese e a simpatía en toda España durante o proceso de elección de Capital do Turismo Rural

- Anuncio -

A NOMINACIÓN DE CAMPO LAMEIRO COMO CAPITAL DO TURISMO RURAL DE ESPAÑA PRODUCIU IMPACTOS DE IMAXE EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN VALORADOS EN PRETO DE UN MILLÓN DE EUROS

Dos 10 concellos finalistas nominados para tomar o relevo para o ano 2024 ningún é galego.

A candidatura e a nominación de Campo Lameiro como Capital do Turismo Rural de España durante o ano 2023 supuxo un impacto en imaxe en medios de comunicación especializados e xeneralistas de todo o Estado valorados en preto de un millón de euros, segundo se desprende dos datos elaborados polo portal EscapadaRural no transcurso da presentación dunha nova edición deste concurso ao que optan de novo 10 concellos finalistas de toda España, nesta ocasión ningún deles galego.

Membros deste portal turístico especializado salientaron durante a presentación a importancia decisiva do factor humano protagonizado durante o pasado ano polos veciños e veciñas de Campo Lameiro que coa súa implicación despertaron o interese e a empatía de toda España favorecendo así a súa victoria.

Precisamente a implicación da veciñanza na defensa activa dos valores turísticos e emotivos de Campo Lameiro e o seu entorno foron os elementos orixinais sobre os que se basou a súa campaña de nominación que logrou “conquistar o corazón de toda España”, según manifestaron responsables de EscapaRural.

As redes sociais do portal de EscapadaRural, especializado en materia turística, rexistrou máis de 5 millóns de impactos relacionados con Campo Lameiro e a Capital do Turismo Rural de España e o nivel de coñecemento entre os internautas sobre o municipio acadou cifras históricas nunca antes coñecidas e que marcan un fito na promoción turística do concello.

Dos 10 concellos finalistas nominados para tomar o relevo para o ano 2024 ningún é galego o que fai aínda máis salientable que un concello como Campo Lameiro supera gañarse a confianza e a simpatía de milleiros de internautas que co seu voto deron o apoio o pasado ano a este municipio para que fora proclamado como Capital do Turismo Rural de España.

Aínda que este ano terá que entregar o testemuño a un dos dez nominados, Campo Lameiro manterá como vitola de calidade na súa oferta turística o fito de ser o primeiro concello galego en contar con esta distinción que agora poden conseguir Altura (Castellón), Artajona (Navarra), Briehuela (Guadalajara), Cabezuela del Valle (Cáceres), Cómpeta (Málaga), Enciso (La Rioja), Peñafiel (Valladolid), Sant Hilari Sacalm (Girona), Santa Eulalia de Oscos (Asturias) o Vilaflor (Santa Cruz de Tenerife).

Por su parte, o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, manifestou que “é para nós unha honra ser o primeiro concello galego que consegue esta distinción e tamén porque fumos quen de situar un pouco máis no mapa de España e do mundo ao noso concello ao tempo que logramos unha promoción en medios de comunicación especializados e xeneralistas que doutro xeito seríanos imposible de conseguir e tamén moi custoso si tiveramos que pagalo a través de publicidade institucional. Foi toda unha aventura que non remata aquí xa que esta distinción acompañaranos toda a vida e xa é un fito histórico e un logro de todos os veciños e veciñas de Campo Lameiro que souberon conquistar o corazonciño de toda España”, sinalou o alcalde.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas