Home Pontevedra Baixo Miño Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

- Anuncio -
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A Insua

O teatro ten o seu propio lugar nas festas de San Telmo xa que hai catorce anos se celebra a Semana de Teatro Amador na que os grupos locais poñen en escena as súas montaxes, na meirande parte dos casos elixindo precisamente esta cita para a estrea das obras.  Dende a concellería de Cultura apostouse, coma lembra a concelleira Sonsoles Vicente, por brindar as compañías afeccionadas tudenses a oportunidade de actuar no Teatro Municipal nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta iniciativa conta cada ano co respaldo do público que enche o patio de butacas para gozar das distintas representacións.  

Nesta XIV Semana de Teatro Amador participan a CAI do Espazo Xove, Chirlomirlo de Randufe, Aloia de Pazos de Reis, San Fins de Rebordáns e A Insua de Caldelas, que estrearán aquí as súas novas montaxes.

As entradas están á venda en tui.gal ao prezo de 2€ até o día da función ás 18 h. Resérvase unha porcentaxe para a venda no despacho de billetes o día da función dende unha hora antes. 

Abrirá a XIV Semana de Teatro Amador, o luns 1 de abril ás 20 h a CAI, a Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, que dirixe Laura Villaverde con “Efecto rabaño”. É unha acción escénica contemporánea que nos mergulla no  caótico mundo interior dun grupo de adolescentes mentres loitan contra o  control parental, exploran a súa identidade a través da lectura e da música, e  enfrontan os conflitos existenciais propios da xuventude. Sabela Martínez Villaverde, Celia Bugarín Brocos, Candela García Martínez, Lucía Piñeiro Benavides, Eugenia Seoane Urceira, Ilán Munro Espinosa e Eva Afonso Ribeiro forman o elenco da obra.

O martes, 2 de abril, ás 21 h será a quenda o grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que porá en escena “Don Juan”. A obra escrita por Manuel Diz González é unha adaptación ao século XXI do clásico de José Zorrilla. Areta Bolado dirixe ao elenco formado por Pilar Álvarez Aballe, Jose Amancio Muíños González, Pablo Alfaya Pérez, Noelia Solla Diz, Alba Martínez Domínguez, Alberto Sánchez Murias, Graciela González Patricio, Juan Carlos López Pazo e Manuel Diz González.

O grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis actuará o mércores 3, ás 21 h, estreando a obra “Proceso pola sombra dun burro”. Bego Bras dirixe esta comedia satírica escrita por Friedrich Dürrenmatt. Forman o elenco Estela Rey, Eva Pazo, Germa Pérez, Manuel Gómez, Marta Pazo, Miguel Enríquez, Miguel A. Pazo, Merchi Rodríguez, Román Bugarín, Samuel Otero,  Secundino Domínguez e Candela Souto. A obra achéganos á liorta entre asneiro e un dentista pola sombra dun burro.

O xoves 4 ,ás 21 h, será a quenda do grupo de teatro San Fins, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con “A Familia”. Laura Villaverde, autora do texto,  dirixe a Antonia Novás, José Álvarez, Juana Dávila, Concepción Pereira, Mª Isabel González, Álvaro Iglesias, Concepción Costa, Angela Oliveira e Katia Rocha nesta comedia. A obra relata o que acontece cando a familia Perillo vende un monte de madeira e decide repartir os cartos cos seus fillos emigrados que deberán vir a Galicia para recibir a súa parte.

Pechará esta XIV Semana de Teatro Amador o venres 5, ás 21 h, o grupo de teatro A Insua da Asociación Cultural A Insua de Caldelas con “Os montesecos e os capulletos”. Sofía González Durán é a autora e directora desta comedia inspirada en “Romeo y Julieta” de Shakespeare ofrecendo unha visión do amor máis actual e menos torturadora, que convida a cuestionar o amor encorsetado sen contemplar que é diverso, que hai moitas clases de amor, e que o amor é libre. O elenco está formado por Consuelo Besada Gándara, Gabriel López González, Josefa Carrera Núñez, María del Mar Alonso Ubiña, Rosa María González Núñez, Sofía Pimentel Fernández e Vanesa Villar Costa.

Relacionadas

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

A Deputación celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos enxalzando a posición privilexiada da...

0
A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que a provincia de Pontevedra conta con seis xardíns históricos situados na Estrada, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Vigo...

A Deputación financia melloras en camiños e accesos a núcleos rurais de Rodeiro por...

0
A institución provincial aproba dúas achegas que afectan a vías municipais situadas nas parroquias do Salto, Rodeiro, Guillar, Álceme e Vilela A Deputación de Pontevedra...

A Deputación recomenda manter un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza...

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda tamén controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides A Estación Fitopatolóxica...

O Concello de Baiona saca a licitación de cinco chiringuitos de praia e un...

0
O Concello de Baiona, a través da concellería de Medio Ambiente, vai sacar a concesión para a explotación por terceiros de determinadas instalacións temporais...

Publicacións Relacionadas